|
NORMAS DO VIII TORNEO DE FÚTBOL SALA DA FERREIRÚA 2005
www.ferreirua.com |
|
1.- Tódolos encontros
celebraranse na pista polideportiva da Ferreirúa. 2.- Xogaranse dous
tempos de 20 minutos a reloxo corrido. 3.- Os equipos deben
presentarse con QUINCE MINUTOS de antelación á hora marcada para a
celebración do encontro. 4.- Os
xogadores deberán ser pertencentes ó Concello da Póboa do Brollón ou
ter vinculación familiar directa.
4.1.Os xogadores deberán ser pertencentes ó
Concello da Póboa do Brollón:
*Ser nados no Concello.
*Estar censados no Concello.
*Ter vinculación laboral no Concello.
*Ter empresa con razón social
no Concello.
4.2.Vinculación familiar directa:
*Os xogadores cuios pais, avós ou tios seus
ou dos seus cónxuges pertenzan ó Concello da Póboa do Brollón.
4.3.Alumnos/as e Ex-alumnos/as do centro
Cristo Rei da Ferreirúa. Cando
haxa dúbidas serán os equipos os que deberán presentar as reclamacións
e as oportunas xustificacións da legalidade do requirido. 5.- Antes do primeiro
encontro que cada equipo participante dispute no torneo, deberá presentar
a relación dos compoñentes do equipo, que estará composto por un máximo
de DOCE XOGADORES, e un mínimo
de SEIS XOGADORES. Esta relación poderá
ser ampliada ata o remate da
primeira fase. 6.- Tódolos compoñentes
do equipo deberán te-lo
D.N.I. consigo, pois poderá serlle solicitado en calquera momento pola
Mesa, Arbitro ou Organizadores. 7.- Os encontros darán
comezo á hora fixada no calendario.Si algún dos equipos non se
presentase á hora fixada para o inicio do mesmo, daríaselle un prazo de
dez minutos para que fixese acto de presencia na pista de xogo, si
transcorrido este prazo non houbera na cancha ó menos catro xogadores
para dar inicio ó partido, daráselle este por perdido e quedará
automaticamente eliminado do torneo. 8.- Os equipos poderán
ser mixtos e cada equipo
poderá efectua-los cambios que estime adecuados, previa solicitude á
Mesa. 9.- Durante ó partido
os equipos en liza poderán solicitar á mesa dous tempos mortos, un en
cada período, non podendo gozalos nos últimos cinco minutos de cada
parte.A duración de cada tempo morto será de un minuto. 10.- En caso de empate a
puntos terase en conta a seguinte orde: 1º)
Equipo máis deportivo
( Conxunto con menos tarxetas entre os empatados a puntos ). 2º) Diferencia de
goles a favor e en contra. 3º) Resultado
particular a goles entre os equipos afectados. 4º) Equipo menos
goleado. 11.- En caso de empate nas fases eliminatorias recorrerase ó lanzamento de tres penaltis. 12.- Todo Xogador
que sume tres tarxetas amarelas no transcurso do torneo, deberá
cumprir un encontro de sanción, entendendo que non poderá ser aliñado
no seguinte partido que dispute o seu equipo. 13.- Todo xogador ó que
se lle mostren dúas tarxetas amarelas nun encontro e polo tanto unha
azul, (tarxeta que dá dereito a sustituir ó xogador amoestado por outro)
contabilizaránselle tres tarxetas amarelas, a efectos da norma anterior. 14.- Todo xogador ó que
se lle amose a tarxeta azul non directa será sancionado cun encontro sen
xogar. 15.- Todo xogador ó que
se lle amose unha tarxeta azul directa non poderá xogar os dous seguintes
partidos que dispute o seu equipo. A organización do torneo reservarase o
dereito de sancionar ou descalificar ó equipo ou xogador, por calquera
agresión verbal ou física ó arbitro, xogador, espectador ou
organizadores do torneo. 16.- Ante o equipo/s que amosen unha falta evidente de deportividade á hora de tentar gañalo
partido, non intentando conquerir gol nas suas accións ou ben non poñendo
tódolos seus medios para evitalo, sendo beneficiados-perxudicados outros
equipos, a Organización, previo informe do árbitro poderá expulsa-los
do torneo. 17.- As normas da
Federación Española de Fútbol Sala non incluídas na presente relación,
serán as que se apliquen a este torneo. 18.- A organización non se fai responsable dos posibles danos morais ou materiais derivados deste evento deportivo. 19.- A
participación dun equipo neste
Torneo implica a aceptación do regulamento por parte dos xogadores e do
Equipo. 20.- Todo aquelo que non
este contemplado no regulamento acollerase ás decisións da organización. |